Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Que traballo tan curioso!

Marzo 4, 2023
Imaxes De Eventos 780x500 Px 1080 567px 13

O Auditorio Municipal de Nigrán acollerá este sábado, 4 de marzo ás 19:00 horas, a representación da obra de teatro científico ‘Que traballo tan curioso!’, unha creación dirixida a público infantil da Unidade de Cultura Científica da Delegación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia, para reivindicar o 8 de marzo, Día da Muller, dentro do programa “Mes Violeta” do Concello de Nigrán. 

A divulgadora Luisa Martínez Lorenzo, veciña de Nigrán e responsable desta unidade, protagoniza esta obra como investigadora, convidando o público a que adiviñe cal é a súa profesión. A obra encádrase no proxecto ‘Ciudad Ciencia’.

Estará tamén Marta López Cabo do IIM-CSIC, como asesora científica.

Ademais, o “Mes Violeta” en Nigrán conta cunha ampla programación  que se pode consultar na Axenda Cultural do propio concello. 

Detalles

  • Data: Marzo 4, 2023