
- Este evento pasou.
Proxecto NuTEC | Presentación de resultados

Accede á sala de retransmisión
O vindeiro 27 de febreiro, terá lugar a presentación dos principais resultados obtidos no proxecto NuTEC – “Novas tecnoloxías moleculares e de control remoto para a avaliación de poboacións de cetáceos”, no salón nobre da sede do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC en Bouzas (Vigo).
O proxecto, que comezou en 2020, está coordinado polo IIM-CSIC coa colaboración do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) desde o seu Centro Oceanográfico de Vigo.
Parte do equipo do proxecto estará presente ese día: Graham J. Pierce (IIM-CSIC), Josep Rotllan Moragas (IIM-CSIC), Paula Suárez Bregua (IIM-CSIC/IEO-CSIC), Camilo Saavedra (IEO-CSIC) e Miguel Álvarez González (IEO-CSIC).
Todo o evento será retransmitido en liña a través dunha sala habilitada para ese fin que estará dispoñible o mesmo día da emisión. O acceso farase mediante o botón situado na parte superior desta páxina.
Para a asistencia presencial, recoméndase moito o rexistro, xa que a capacidade é limitada. Non se permitirá o acceso a persoal alleo ao IIM pasados 10 minutos desde o inicio da sesión.
O proxecto NuTEC foi financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidade.
Programa do evento
12:00h – Benvida
12:15 – Introdución
12:45 – eDNA: presentación, metodoloxía e resultados
13:15 – Drones: presentación, metodoloxía e resultados
13:30 – Implicación social e comunicación do proxecto
13:45 – Conclusións e debate
14:30 – Peche
