Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os sumidoiros globais e oceánicos de carbono en rápida mudanza

Xuño 23, 2022
1 Evento

Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB, ICM, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas.

Os sumidoiros globais e oceánicos de carbono en rápida mudanza

A medida que as actividades humanas continúan emitindo unha cantidade crecente de gases de efecto invernadoiro, a vexetación terrestre e os océanos están a responder de formas sen precedentes aos cambios tanto na composición atmosférica como no clima. Como se desenvolvan no futuro as retroalimentacións carbono-clima e como afecten á forza dos sumidoiros de carbono determinará o nivel de mitigación necesario para estabilizar o sistema climático global. Ofrecerei unha visión xeral do estado actual do ciclo do carbono, do papel dos océanos na modulación das concentracións de CO2 atmosférico e da evolución futura dos sumidoiros de carbono baixo diferentes escenarios de quecemento.

Seamposium Xuño 2022

 

Detalles

  • Data: Xuño 23, 2022