Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Saber do Mar | Tempada 2

Novembro 16, 2022
Saber Do Mar 2 Con Logos

A UCC+I do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) estrea a 2ª tempada da serie “Saber do Mar”, que se emitirá na canle de Youtube do IIM-CSIC.

Saímos á rúa para preguntarlle á xente que coñece do que facemos no IIM-CSIC, que lle gustaría coñecer da nosa actividade científica e, en definitiva, que lle gustaría saber do mar. Estas preguntas, que gravamos en vídeo e están sendo contestadas da mesma forma polos científicos e científicas do centro.

O resultado final é unha serie de audiovisuais que seguimos completando con esta 2ª tempada de #SaberDoMar!

Actividade organizada co apoio da Fundación Española para la Ciencia e la Tecnología 2018. Co gallo da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC e do Mes da CIencia en Galego 2022.

Visualiza a tempada 1

Detalles

  • Data: Novembro 16, 2022