Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cultura científica, alfabetización oceánica e compromiso coa sociedade

Maio 22, 2023 - Maio 29, 2023
Curso Domar Curso Congresos E Lemas 1

Do 22 ao 29 de maio de 2023, persoal do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC, xunto coa UCC da Delegación do CSIC en Galicia, o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e a Universidade de Vigo, impartirá o curso “Cultura científica, alfabetización oceánica e compromiso coa sociedade” dirixido a persoal investigador predoutoral e investigador do Programa de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión da mesma universidade.

A cultura oceánica defínese como coñecer e comprender a influencia do océano na sociedade e a súa influencia no océano. Na actualidade considérase un camiño longo para avanzar en prácticas de produción sostibles, desenvolver políticas mariñas públicas fortes, promover unha cidadanía máis responsable e animar a mocidade a iniciar unha carreira na economía azul e nas ciencias mariñas.

A promoción da cultura científica, e en particular da alfabetización oceánica, por parte de todas as entidades encargadas da investigación e xestión mariña é esencial para aumentar o impacto social destes estudos, así como para producir unha investigación socialmente responsable que permita cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

Por parte do IIM, participarán no curso Xosé Pintado Valverde, vicedirector de Cultura Científica do IIM-CSIC, Gabriela Ojeda Romano, responsable da UCC+I do IIM, e Jaime Amaro Blanco, responsable da área de Comunicación da UCC+I.

Tamén participarán Luisa Martínez Lorenzo, responsable da UCC da Delegación do CSIC en Galicia; Leonor Parcero, responsable da UCC do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur; e Patricia Quintas Pérez.

Detalles

  • Comezo: Maio 22, 2023
  • Remate: Maio 29, 2023