Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro sobre acidificación oceánica

Outubro 17, 2022 - Outubro 18, 2022
Inioas Joint Workhsop Series 780x500 Px (1)

Accede á sala

– Non é preciso rexistrarse para acceder. A certificación só está dispoñible tras o rexistro. Consulta a sección “Rexistro” máis abaixo –

Introdución

O océano absorbe arredor do 30% do dióxido de carbono (CO2) que se libera á atmosfera. A medida que aumentan os niveis de CO2 atmosférico debido á actividade humana, como a queima de combustibles fósiles e os cambios no uso do solo, tamén aumenta a cantidade de dióxido de carbono absorbida polo océano.  Cando o CO2 é absorbido pola auga do mar, prodúcense reaccións químicas que reducen o pH da auga mariña, a concentración de ións carbonato e os estados de saturación de minerais de carbonato cálcico biologicamente importantes. Isto denomínase “acidificación oceánica”. Os estudos demostraron que a acidificación pode ter un efecto importante nalgunhas especies calcificadoras, incluíndo ostras, ameixas, ourizos de mar, corais de augas superficiais, corais de augas profundas e plancto calcario. Os cambios na química do océano tamén poden afectar ao comportamento dos organismos non calcificadores. A capacidade dalgúns peixes para detectar depredadores diminúe baixo acidificación. Os estudos demostraron que un pH máis baixo tamén afecta á viabilidade e á capacidade dalgunhas larvas para localizar un hábitat adecuado, condicionando o éxito do recrutamento de novos individuos. En resumo, os efectos directos e indirectos da acidificación oceánica son complexos e aínda non se comprenden ben.

Organizamos este obradoiro sobre acidificación oceánica para establecer relacións entre persoal científico, xestores de recursos, responsables de políticas e público xeral, co fin de investigar e monitorizar os efectos dos cambios na química do océano sobre ecosistemas importantes a nivel económico e ecolóxico, como as pesqueiras e os arrecifes de coral. A continuación preséntanse os temas que se tratarán neste obradoiro.

 


Programa

Día 1 – 10:30 a 13:00h (CET – Vigo) – 12:00 a 14:30 (IRDT – Teherán)

  • Acidificación oceánica para a sustentabilidade.  Dra. Katherina Schoo
  • Como evolucionaron as medicións de pH desde os anos 90.  Dra.  Noelia Fajar
  • Sensores bioquímicos de baixo custo.  Dr. Antón Velo
  • Acidificación oceánica e hipoxia nos ecosistemas mariños (centrado no Golfo Pérsico). Dr. Abolfazl Saleh        

 

Día 2 – 10:30 a 13:00h (CET – Vigo) – 12:00 a 14:30 (IRDT – Teherán)

  • Acidificación oceánica: impacto potencial na acuicultura de mexillón. Dr. Jose M. F. Babarro
  • Investigación sobre acidificación oceánica no mar Mediterráneo: estado, tendencias e próximos pasos. Dr. Abed El Rahman Hassoun
  • Acidificación oceánica e ecosistemas de mangle. Dr. Maryam Ghaemi
  • Acidificación, pero non só: impactos do cambio climático no marisqueo. Dr. Laura G. Peteiro

 

Programa completo


Organización

  • Instituto Nacional Iraniano de Oceanografía e Ciencia Atmosférica (INIOAS)
  • Centro Rexional de Educación e Investigación de Categoría 2 da UNESCO en Oceanografía para Asia Occidental (RCOWA)
  • Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Lingua

Inglés


Rexistro                     

A participación está aberta a todo o persoal científico mariño, investigador e alumnado interesado.

As persoas interesadas poden empregar a seguinte ligazón para acceder á sala do obradoiro: https://www.skyroom.online/ch/inioas/workshop

* Emitirase un certificado electrónico para as persoas rexistradas.

Para rexistrarte, envía a seguinte información á Sra. Fahimeh Foroughi en foroghi@inio.ac.ir, fahimeh.foroughi@gmail.com antes do 14 de outubro de 2022: nome completo, titulación académica e campo de estudo, institución/universidade, país e correo electrónico.

* O rexistro é gratuíto

Detalles

  • Comezo: Outubro 17, 2022
  • Remate: Outubro 18, 2022