Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

No camiño equivocado: dietas de alimentos azuis sostibles e de baixas emisións para mitigar o cambio climático

Novembro 7, 2022
Imaxes De Eventos 780x500 Px (1080 × 567px) (13)

Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB, ICM, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas.

No camiño equivocado: dietas de alimentos azuis sostibles e de baixas emisións para mitigar o cambio climático

Os produtos do mar e outros alimentos acuáticos (alimentos azuis) adoitan defenderse como fontes de proteína sostibles, fundamentais para satisfacer a demanda alimentaria global. As eleccións de consumo permiten á cidadanía tomar medidas que reduzan a carga ambiental da produción de alimentos e afrontar a crise climática. Esta charla explorará as tendencias históricas de consumo de alimentos azuis en España, en termos de fontes, tipos e pegada ecolóxica resultante da súa produción. Considerando que se prevé que a demanda global de alimentos azuis case se duplique a mediados de século, esta charla ilustrará como as eleccións das persoas consumidoras poden promover prácticas de produción sostibles e mitigar o cambio climático.

PONENTE:  Dr. Javier Atalah. University of Alicante in Spain and the Cawthron Institute in New Zealand.

Javier Atalah é investigador no Departamento de Ciencias Mariñas e Bioloxía Aplicada da Universidade de Alacante e no Cawthron Institute, a maior institución de investigación independente de Nova Zelandia. Os seus principais intereses son as interaccións entre a acuicultura e o medio mariño, o cambio climático e a ecoloxía e xestión de especies invasoras.

Seamposium

 

Detalles

  • Data: Novembro 7, 2022