• As Xentes do mar 2022

    O CSIC en Galicia, o Consello da Cultura Galega, e o Concello de Nigrán organizan a Xornada "As Xentes do Mar 2022", que terá lugar o vindeiro sábado, 25 de xuño de 2022 ás 20:00 horas na Lonxa de Panxón, en Nigrán. A actividade que estará moderada por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura… 

  • Ciencia cidadá na Microrreserva da praia de Lourido

    Ver Programa Os obradoiros de Ciencia Cidadá nas Dunas de Lourido realizaranse todos os sábados de xullo e agosto  en horario continuado de 11:00 a 13:00h para todas as idades, e correrán a cargo do equipo de traballo de Hydrosphere (unha spin-off da Universidade de Vigo), a propia Universidade de Vigo (coa participación do Centro… 

  • Proba o microscopio Olympus Lighsheet Alpha3 no IIM-CSIC

    Contacta con Lucía Sánchez Ruiloba para reservar unha proba Reserva un sitio O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) acolle esta semana un obradoiro para coñecer os últimos avances en microscopía de fluorescencia co dispositivo Alpha3, que proporciona varridos focais ópticos intelixentes para permitir o procesamento uniforme de imaxes, sen artefactos, en todo o campo de… 

  • Cando arde o mar | Saberes compartidos

    Foto: Ana García Programa | Cando arde o mar. Saberes Compartidos. Programa completo | Muros Mira ao Mar   Este proxecto do Instituto de Investigacións Mariñas, Consello Superior de Investigacións Científicas (IIM-CSIC) e o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración con Culturmar, quere establecer un diálogo entre o coñecemento científico e o coñecemento tradicional… 

  • Ecoloxía dos calamares lolixínidos nun afloramento costeiro

    Elsa García, do grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC, defenderá a súa tese na nosa sede de Bouzas. A tese abordou a ecoloxía dos calamares lolixínidos nun afloramento costeiro. Dirixida por Ángel F. González. Forma parte do programa de doutoramento Do*Mar da Universidade de Vigo.

  • Os océanos nun clima cambiante

    Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB,… 

  • “Neuston 3: En concerto co océano” con Abraham Cupeiro | Ocean Night

    O construtor e multiinstrumentista Abraham Cupeiro tocará na noite do venres, 30 de setembro, ás 20.30h, no Teatro Afundación de Vigo, nunha colaboración co Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN). O concerto, con entradas de balde, é o produto final dunha colaboración entre… 

  • FOROACUI XXIV

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN PROGRAMA PROVISIONAL | ForoACUI XXIV    O vindeiro xoves, 7, e venres, 8 de setembro, no Auditorio Municipal do Grove, celebrarase o XXIV Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas. Este Foro é un encontro anual que naceu en 1998 co obxectivo de ser un espazo de referencia para comunicar a… 

  • Pescando 4.0: Dixitalización e blockchain

    Inscrición Programa | Programa O Instituto de Investigacións Mariñas, xunto co Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e a Cooperativa de Armadores de Vigo que lidera o proxecto, organiza o 11 de outubro un obradoiro sobre o potencial da dixitalización e o blockchain para a rastrexabilidade, calidade e sustentabilidade no sector pesqueiro, un evento… 

  • Obradoiro sobre acidificación oceánica

    Accede á sala - Non é preciso rexistrarse para acceder. A certificación só está dispoñible tras o rexistro. Consulta a sección "Rexistro" máis abaixo - Introdución O océano absorbe arredor do 30% do dióxido de carbono (CO2) que se libera á atmosfera. A medida que aumentan os niveis de CO2 atmosférico debido á actividade humana,… 

  • SeaFood-Age | Conferencia final e evento de intermediación

    Inscrición O evento que terá lugar os días 19 e 20 de outubro en Vigo de forma presencial, constará de dous días de charlas, debates en grupo e entrevistas dirixidas. O primeiro día, nunha primeira parte centrarase nos resultados técnicos e estará máis orientada á ciencia e na segunda parte, estará dirixida a mostrar os…