Saltar ao contido
2024 Imaxe De Cabeceira Marsocial

Grupo de investigación

Ciencias Sociais Aplicadas a Recursos Mariños e Costeiros

Descrición

As comunidades que compoñen a sociedade humana non son alleas ao medio natural, é máis, as nosas percepcións e accións sobre o ecosistema aféctano profundamente. A socioloxía, a economía e a cultura axudan a entender a orixe destas profundas e inevitables conexións entre ecoloxía e sociedade e a medir e modular o seu impacto.

O grupo de Ciencias Sociais Aplicadas a Recursos Mariños e Costeiros, tamén chamado MARSOCIAL, é o único grupo do IIM centrado nas ciencias sociais. O grupo imbrica os seus estudos de socioloxía, economía ou psicoloxía social coas investigacións en recursos mariños e costeiros realizadas no noso departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños. Desta forma, consegue ampliar o enfoque ecosistémico a unha perspectiva que inclúe tamén a dimensión humana.

Esta nova forma de explorar o ecosistema permite definir e avaliar os ecosistemas mariños para, posteriormente, analizar desde un punto de vista social mecanismos que favorezan a conservación, protección e rehabilitación de tales ecosistemas, a protección do patrimonio natural e cultural, e o formulamento de estratexias máis realistas e fiables para a mitigación e adaptación aos impactos derivados do cambio global

O traballo de MARSOCIAL céntrase en diversos temas clave para a xestión dos recursos mariños con unha perspectiva social. Por un lado, estudia a relación da sociedade con as pesquerías como sistemas socio-ecolóxicos, explorando a gobernanza das mesmas, os sistemas de participación social que implementan e outros aspectos socioeconómicos e culturales da pesca, tanto comercial como recreativa. Con un foco máis amplio estudan tamén a cadena de valor alimentaria mariña, con líneas centradas na trazabilidad e o mercado alimentario. Alejándose un poco dos recursos alimentarios, a investigación do grupo explora tamén a relación entre a sociedade e o medio ambiente a través da economía ambiental, realizando valuaciones económicas dos recursos naturais e considerando, de forma transversal, o impacto do cambio climático. Por último, as energías renovables, en especial a eólica mariña, entran tamén no seu campo de estudo, indagando no seu percepción social e impacto nas comunidades costeiras.

Finalmente, ademais de desenvolver os seus propias líneas de investigación, o equipo de MARSOCIAL se perfila como un grupo transdisciplinar, que busca activamente a colaboración con outros equipos de investigación, tanto do IIM como de outros centros de investigación mariña e costeira.

Últimas publicacións