
Ecoloxía Mariña Integrada
Todos os seres vivos, incluídos os subacuáticos, manteñen unha intrincada relación co seu contorno e co resto de seres vivos que os rodean. Descubrir esta complexa rede é esencial para que poidamos avanzar cara a unha sociedade sostible.
O grupo de Ecoloxía Mariña Integrada, tamén coñecido como INMARE, é un grupo multidisciplinar centrado principalmente en abordar estudos ecolóxicos de organismos mariños utilizando aproximacións complementarias. As temáticas estudadas abranguen un amplo espectro desde a ecoloxía, bioloxía evolutiva, xenómica ou conservación, tanto básicas como aplicadas á xestión de recursos mariños a nivel ecosistémico que garanticen a conservación da biodiversidade. O grupo presenta, pois, un abordaxe amplo, desde estudos con especies concretas a campañas de investigación pesqueira-oceanográfica pasando pola experimentación en condicións de confinamento.
Esta aproximación do grupo INMARE require de varios elementos básicos para o desenvolvemento da investigación deste grupo. Por un lado, a definición e descrición dos ecosistemas que implican recursos mariños, en termos de escala, extensión, estrutura e funcionamento e, por outro, a avaliación do estado dos ecosistemas mariños, definido en termos de saúde ambiental ou integridade e establecido como o aceptable para a sociedade, así como a avaliación de ameazas.
Ademais, requírese da conservación, protección e rehabilitación de ecosistemas mariños e a mitigación de impactos empregando estratexias adaptación, así como de un estudo da biodiversidade con un enfoque integrativo.
INMARE céntrase en xerar o coñecemento necesario para asegurar a protección, conservación e uso sostible da biodiversidade mariña, incluíndo aqueles recursos obxecto de explotación. Este coñecemento está dirigido ao desenvolvemento dos instrumentos necesarios para unha adecuada puesta en práctica do enfoque de ecosistema na xestión de recursos mariños. Actualmente, o grupo traballa ao longo de 5 líneas de traballo:
- Estudos experimentales de organismos mariños en cultivo: bioloxía, fisioloxía, interacciones coa microbiota e desenvolvemento de técnicas de cultivo; caracterización taxonómica de microalgas nocivas.
- Ecoloxía de especies mariñas (historia vital; relacións tróficas; identificación, delimitación e estimación da abundancia de poboacións e o seu variabilidad espaciotemporal; distribución e uso de hábitat; dinámica de poboacións; ecoloxía microbiana).
- Ecoloxía de ecosistemas mariños (estrutura, funcionamento, complexidade, estabilidade e biodiversidade) e impactos de estresores naturais e antropoxénicas; modelado de ecosistemas.
- Conservación da biodiversidade mariña e o uso sostible dos recursos mariños vivos.
- Estudo de patróns e procesos que contribúen á orixe da biodiversidade e á súa distribución, desde un enfoque integrativo que abrangue desda ecoloxía á xenómica.
Membros
David Vieites Rodriguez

Graham John Pierce

Jose (Pepe) Pintado Valverde

Juan Francisco Saborido Rey

Lucia Pita Galan

Miguel Planas Oliver
Alberto Hernandez Gonzalez
Alejandra María Nieto Román

Alexandre Alonso Fernandez
Andrea Fariñas Bermejo
David Villegas Rios

Francisco Gonzalez Carrion
Gonzalo Del Olmo Berenguer

Gonzalo Ramon Mucientes Sandoval
Iñigo Exposito Ochoa
Jorge Carlos Santamaria Sardiña

Katina Roumbedakis

Laura Casas Castaño
Maria Del Pilar Feijoo Abal

Marie Anne Claire Petitguyot
Mariña Fabeiro Quinteiro
Marta Casas Agudo
Rebeca Paola Rodriguez Mendoza
Sara Rodrigues Passos Rocha

Sira Pereira Cividanes




