Saltar ao contido
Portada » Comités » Comité de Bioseguridade

Comité de Bioseguridade

  • Comités

Velando por unha investigación 100% segura e responsable.

Algunhas das nosas investigacións máis punteiras requiren en ocasións de experimentación con organismos e axentes biolóxicos, tales como especies invasoras ou axentes patóxenos, que necesitan de medidas especiais en canto a instalacións e procedementos de traballo que garantan a seguridade e saúde tanto do persoal do centro como do medio ambiente e as comunidades que viven na zona.

O Comité de Bioseguridade (CB) do IIM-CSIC é un grupo multidisciplinar de profesionais que se aseguran do estrito cumprimento das normas de bioseguridade pertinentes. Isto ten lugar tanto antes do inicio como durante todo o desenvolvemento daqueles proxectos que impliquen organismos especialmente sensibles.

O CB encárgase da avaliación de riscos biolóxicos asociados a cada nova proposta de inicio de actividade. En función de dita avaliación de risco, encárgase tamén de avaliar as instalacións existentes para comprobar que son adecuadas e que cumpren cos requisitos de bioseguridade; tamén é responsable de notificar ás autoridades competentes as actividades levadas a cabo no Instituto, especificando o tipo de axentes biolóxicos implicados.

O comité tamén vela polo correcto cumprimento das normas e protocolos oportunos, así como polo mantemento dos estándares necesarios nas instalacións que se vaian utilizar. Por último, é tamén misión do CB facilitar actividades formativas e informativas relativas á bioseguridade a todo o persoal implicado en actividades de risco.

Xunto co resto de comités que conforman a Unidade de Prevención, Seguridade e Ética (UPSE), o Comité de Bioseguridade garante un uso ético e responsable de organismos altamente sensibles, contando sempre co asesoramento do Comité de Ética e Bioseguridad do CSIC e cumprindo coas normativas establecidas polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) e pola Asociación Europea de Bioseguridad (EBSA, polos seus siglas en inglés).