Saltar ao contido
Portada » Comités » Comité de Prevención e Riscos Laborais

Comité de Prevención e Riscos Laborais

  • Comités

Cara á adopción dunha cultura de prevención no traballo.

O Comité de Prevención e Riscos Laborais encárgase de promover a seguridade e saúde do persoal mediante a identificación, avaliación e control dos perigos e riscos asociados á súa labor, ademais de fomentar o desenvolvemento de actividades e medidas necesarias para previr os riscos derivados do seu traballo.

Deste modo, o comité dá cumprimento á Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, mantendo sempre dous principios fundamentais que marcan a política de prevención de riscos laborais do CSIC: a mellora continua e a integración da actividade preventiva a todos os niveis.