Saltar ao contido
Portada » Comités » Comité de Sostibilidade

Comité de Sostibilidade

  • Comités

A sostibilidade atópase no corazón do noso traballo. No IIM buscamos crear unha sociedade máis sostible e, para iso, debemos comezar polo noso propio centro.

Como un dos principais centros de investigación mariña multidisciplinar da Península Ibérica, no Instituto usamos a nosa investigación para beneficiar á sociedade e facer da súa relación co océano e co resto do noso mundo, unha relación sá e sustentable a longo prazo. 

Ademais, estamos plenamente comprometidos coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e co Pacto Verde Europeo. Un conxunto de iniciativas cuxo obxectivo é situar á UE no camiño cara a unha transición verde, co obxectivo final de alcanzar a neutralidade climática para 2050.

Nesta liña, e para minimizar os impactos ambientais e cumprir cos compromisos mencionados ODS e Pacto Verde Europeo, o Comité de Sostibilidade do IIM-CSIC ten como obxectivo principal fomentar a sostibilidade en todas as áreas do centro, promovendo unha cultura de respecto ao medio ambiente.

As funcións do Comité inclúen a identificación e redución do impacto ambiental das actividades e funcionamento do IIM-CSIC, a implementación de políticas de xestión de residuos, eficiencia enerxética e aforro de recursos, e a promoción de prácticas sostibles entre o persoal. Ademais, o comité asesora na adopción de tecnoloxías limpas, fomenta a formación e sensibilización ambiental e é pioneiro no CSIC en integrar un enfoque sostible para reducir, na medida do posible, os impactos no medioambiente do desenvolvemento dos proxectos de investigación, desde a súa planificación ata a súa execución e a divulgación dos resultados obtidos.