Saltar al contenido
Portada » Noticias » Iniciativas divulgativas » Manuel García Blanco e «A lamprea de mar no río Miño»: o cine como ferramenta de divulgación científica.

Manuel García Blanco e «A lamprea de mar no río Miño»: o cine como ferramenta de divulgación científica.

A divulgación científica tamén se desenvolve a través do cine, un formato que permite compartir coñecementos e experiencias e achegar a investigación mariña á cidadanía.

A Semana de Cine Submarino da Universidade de Vigo ofrece unha programación de documentais e proxeccións dedicadas ao mundo mariño, de acceso gratuíto. Nesta edición, a última xornada inclúe a proxección de «A lamprea de mar no río Miño», un documental de 16 minutos, en galego e realizado en 2026, no que Manuel E. Garci participa como guionista, director e fotógrafo. A produción corre a cargo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A obra achéganos a unha das especies máis singulares do noso patrimonio natural: a lamprea de mar, un verdadeiro fósil vivente que mantén no río Miño a maior poboación de Galicia. O seu complexo ciclo biolóxico, cunha fase larvaria que pode prolongarse ata sete anos no río, e a súa posterior vida adulta no medio mariño fan desta especie un organismo de grande interese científico. O documental tamén permite descubrir a súa relación coas comunidades ribeiregas da conca do Miño, que manteñen unha tradición de captura con métodos ancestrais herdados do período romano.

A través desta iniciativa, Manuel E. Garci contribúe a compartir o coñecemento sobre a biodiversidade acuática e a relación entre as persoas e os ecosistemas fluviais e mariños, achegando ao público unha especie emblemática e parte da cultura e do patrimonio asociados ao río Miño.

A programación completa da Semana de Cine Submarino pode consultarse na web da Universidade de Vigo:

Consulta a programación da Semana de Cine Submarino

Photo 2026 11 04 17 13 24