How to apply?

Todo o procedemento debe realizarse a través da Sede Virtual do CSIC e a Aplicación Convocatoria (incluída na propia Sede).

As persoas candidatas deberán rexistrarse, achegar a información e documentación necesaria para acreditar os seus coñecementos e seleccionar unha Área Global para a súa solicitude antes do 15 de maio de 2023.

Todas os plans de formación do IIM-CSIC poden atoparse na área Vida. O código para cada oferta pódense atopar no despregable superior nesta páxina.

Que pasa tras a solicitude? 

  1. Revisión | 1-2 semanas: Unha vez realizada a solicitude comprobaráse se todo está en orde e a candidatura é elixible para a convocatoria.
  2. Corrección | 10 días hábiles: As solicitudes excluídas poden achegar nova documentación e alegacións para ser elixibles. Publícase a lista definitiva de persoas admitidas. Ábrese un prazo de alegacións.
  3. Avaliación | 1-2 semanas: Asignaráselles unha puntuación a todas as solicitudes admitidas.
  4. Proposta de resolución provisional (PRP): Aquelas persoas con maior puntuación recibirán un "Acordo de Incorporación", é dicir, unha invitación para ser persoa beneficiaria dunha bolsa JAE Intro 2023, ata cubrir a cota das bolsas. As persoas seleccionadas deberán escoller a oferta da súa preferencia na área á que se presentaron. As non seleccionadas entrarán en reserva.
  5. Proposta de resolución definitiva (PRD): Ábrese un prazo de 15 días para que as persoas seleccionadas contacten cos seus potenciais supervisores e supervisoras para definir o seu plan de formación. As persoas que recibisen un Acordo de Incorporación deberán envialo especificando o plan de formación seleccionado asinado tanto pola persoa solicitante como pola persoa que supervisará o plan de formación.

Para máis información, convidamos as persoas candidatas a consultar a información ofrecida polo Departamento de Posgraduado e Especialización do CSIC nas súas redes. Máis información tamén dispoñible na Sede do CSIC e nos botóns amarelos situados no lateral desta páxina.

Realiza a túa solicitude

More job offers