Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Nuestros orígenes: momentos clave en el IIP

septiembre 13, 2023
Encontros Espresso do 50 aniversario do IIM en Bouzas

SÍGUEO POR STREAMING 

(enlace dispoñible no día da transmisión)

Os “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.

Nesta ocasión teremos un Encontros Espresso especial, co gallo dos 50 anos do comezo do traballo do IIM-CSIC na vila de Bouzas. Unha ocasión especial para recordar as orixes deste edificio e desta veciñanza coa que tanto temos compartido, dando grazas por estas 5 décadas de ciencia mariña ao voso carón. 

Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.

Este novo formato celebrarase cada dúas semanas, ás 11:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación.

Desta vez encontrámonos. unha vez máis, co noso compañeiro, Ricardo Prego, procedente do Grupo de Bioxeoquímica Mariña.

Detalles

  • Fecha: septiembre 13, 2023