Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Residencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia

octubre 19, 2023
Residencias Creativas: Espazos para a divulgación da ciencia. O 19 de outubro no Salón de Actos na sede do IIM en Bouzas. con Luisa Martínez Lorenzo (Delegación do CSIC en Galicia)

SÍGUEO POR STREAMING 

(enlace dispoñible no día da transmisión)

Os “Encontros Espresso» son un formato de charlas que se veñen realizando no IIM-CSIC co obxectivo de coñecernos mellor entre nós,coñecer mellor a actividade que se realiza no noso centro e explorar o mundo da ciencia mariña, fomentando a discusión científico-técnica e reforzando vínculos entre grupos onde pode participar tanto o persoal investigador como técnico para compartir o seu traballo, experiencias e resultados.

Son eventos pensados especialmente para o noso persoal, pero todo o mundo está convidado a unirse a través da nosa emisión por streaming.

Este novo formato celebrarase cada dúas semanas, ás 10:00 horas no Salón de Actos do  IIM-CSIC irán acompañados con café de cortesía («Espresso») para favorecer o bo fluír da comunicación.

Desta vez encontrámonos coa nosa compañeira, Luisa Martínez Lorenzo, doutora en ciencias do mar e responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Residencias Creativas: espazos para a divulgación da ciencia

Estamos nunha década decisiva na que é clave que a cidadanía coñeza as metas da Axenda 20-30 e tome conciencia sobre o seu papel, individual e colectivo, nas necesarias e urxentes medidas a levar a cabo.

Neste contexto, a comunidade científica xoga un papel fundamental que debería incluír unha eficiente e adaptada comunicación social da ciencia, evitando deste xeito as informacións vertidas por gobernos e medios de comunicación que, en moitos casos non buscan unha concienciación real da cidadanía.

Ante este reto as aproximacións arte e ciencia preséntanse como poderosas vías de achegamento á sociedade. Novas narrativas que amosan a información científica desde outros enfoques, que sorprenden e invitan á reflexión, sen impoñer ou reclamar respostas. Unha canle de comunicación directa coa sociedade que da voz ás comunidades científica e artística, con información rigorosa, sen intermediarios e co obxectivo de chamar a atención, de fomentar o pensamento critico e de deixar pegada no público.

Nesta conversa amosaranse os resultados e recorrido da Residencia Artística e de Creación levada a cabo por Luisa Martínez, responsable da UCC do CSIC en Galicia e divulgadora científica, no marco do proxecto Cartografías Líquidas (iniciativa del clúster EU National Institutes for Culture San Salvador). O tema de traballo foi o ODS 6 (Auga limpa e saneamento) e a entidade responsable do acompañamento e asesoramento foi  Plataforma Global El Salvador.  

As obras realizadas polos 6 artistas participantes nesta iniciativa, pódense ver no CCESVLab, espazo virtual de pensamento, creación e innovación do Centro Cultural de España en El Salvador:  https://lab.ccesv.org/tema/ciencia-y-tecnologia/

Luisa Martínez Lorenzo

Dra. en Ciencias do mar, divulgadora científica e ilustradora, é desde o 2008, responsable da Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia. Ten ampla experiencia no desenvolvemento de accións que achegan a ciencia á cidadanía, especialmente no eido da investigación mariña. Como relatora participa en cursos e xornadas sobre a comunicación da ciencia, e sobre o uso dos libros informativos para achegar a investigación ao público infantil e xuvenil.

Detalles

  • Fecha: octubre 19, 2023