Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Afogar ou non afogar? Sobre o papel da ecoloxía na defensa contra as inundacións

Marzo 4, 2021
1 Evento

Con motivo da Década das Ciencias Mariñas impulsada pola ONU (#ODS14), que pretende xerar un marco común que garanta que as ciencias mariñas apoien plenamente as accións para xestionar de maneira sostible os océanos e mares do mundo e acadar así os Obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, os centros mariños do CSIC —IMEDEA, CEAB, ICM, ICMAN e IIM— organizamos un ciclo de conferencias conxunto titulado “Seamposium: abordando novas fronteiras da investigación mariña”, co que se crea un foro de debate arredor dun seminario mensual impartido por unha persoa experta recoñecida en diferentes temáticas mariñas.

Afogar ou non afogar? Sobre o papel da ecoloxía na defensa contra as inundacións

Os enxeñeiros de ecosistemas mariños son especies que alteran o seu contorno e, polo tanto, interactúan coas forzas orixinadas polas correntes de marea e as ondas. As interaccións biofísicas dos enxeñeiros de ecosistemas (por exemplo, vexetación como marismas, manglares, herbas mariñas, plantas acuáticas, animais formadores de arrecifes como ostras e mexillóns, e animais bioturbadores que viven no fondo mariño) poden ter consecuencias importantes para o funcionamento e desenvolvemento dos sistemas estuarinos e mariños. Tjeerd Bouma está interesado en comprender mellor a enxeñaría de ecosistemas como estratexia (ecoloxía fundamental), os limiares que atopan os enxeñeiros de ecosistemas para establecerse e superar atrancos na restauración ecolóxica, e a influencia que teñen no funcionamento dos ecosistemas ao alterar fluxos de recursos, biodiversidade, resiliencia ecosistémica e evolución da paisaxe, con implicacións de xestión e, en particular, polas oportunidades que isto ofrece para beneficio da humanidade xerando servizos ecosistémicos como, por exemplo, defensas contra inundacións baseadas na natureza.

Seamposium-marzo

 

Detalles

  • Data: Marzo 4, 2021