
- Este evento pasou.
Presentación do proxecto iGENTAC

NO INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS, BUSCAMOS A COLABORACIÓN CIDADÁ NO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN IGENTAC.
SE ESTÁS EN GALICIA, MERGULLAS OU PESCAS E TES UNHA CÁMARA, PODES SUMARTE AO PROXECTO! INTERÉSACHE?
O proxecto iGENTAC pretende contribuír á monitorización de especies costeiras desenvolvendo ferramentas minimamente invasivas que permitan distinguir entre exemplares dunha mesma especie.
Para desenvolver e probar o sistema de fotoidentificación con intelixencia artificial, escolleuse a raia mosaico, Raja undulata, como especie obxectivo. Isto débese a que presenta un patrón de coloración moi recoñecible e fácil de rexistrar mediante fotografías, xa sexa no seu medio natural ou unha vez capturada. Para crear unha base de datos de imaxes dixitais que alimenten os algoritmos de recoñecemento empregados para discriminar entre individuos, necesítase a colaboración cidadá.
Pescas ou practicas algún tipo de actividade subacuática? Animaríaste a fotografar ou gravar a raia mosaico se a localizas? Tes fotografías, vídeos ou observacións de recapturas de raia mosaico?

