Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada informativa | A túa MSCA-PF no IIM-CSIC

Maio 26, 2022
Info Days Msca2022

Únete a nós o 26 de maio (12:00 UTC +2) | Rexístrate aquí

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) é o ambiente ideal para impulsar a túa carreira no marco do programa Marie Skłodowska-Curie Actions – PF 2022 .

Durante esta sesión resumiremos as novidades máis relevantes da convocatoria MSCA-PF de 2022 e presentaremos unha visión xeral de como pode ser o teu posdoutoramento se escolles o IIM-CSIC para solicitar a túa MSCA: a nosa filosofía, o traballo de investigación, innovación e comunicación, o día a día do noso persoal investigador e a nosa situación privilexiada nunha das zonas máis dinámicas de Europa para a investigación e a innovación mariña, dentro da institución de investigación española máis importante, con 15 centros dedicados ao estudo do océano e rodeada de espazos naturais de valor incalculable (por exemplo, o Parque Nacional das Illas Atlánticas) e de lugares e eventos culturais emblemáticos.

Presentaremos 2 temas específicos de investigación que ofrecemos para solicitar connosco estes prestixiosos contratos posdoutorais, pero tamén presentaremos as nosas liñas e grupos de investigación para axudarche a atopar os temas e supervisores que mellor se axusten á túa experiencia.

Prevese que o evento dure arredor de 30-45 minutos.

Consulta aquí os detalles da convocatoria e non esquezas unirte a nós o 26 de maio ás 12:00

 

Detalles

  • Data: Maio 26, 2022