
- Este evento pasou.
“Virus e outros riscos” – Seminario RISEGAL

Inscrición de balde | Inscríbete de balde
Seminario “Virus e otros riesgos”
A Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (RISEGAL), coordinada polo Consello Superior de Investigacións Científicas, foi convidada a celebrar un seminario satélite no marco do 7º congreso internacional sobre virus alimentarios e ambientais ISFEV.
O obxectivo do evento, que terá lugar o vindeiro 16 de maio na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, de 11:00 a 13:30 horas, é dar a coñecer a situación actual dalgúns riscos emerxentes en seguridade alimentaria de elevada importancia científica e socioeconómica. Celebrarase de forma presencial.
A inscrición é de balde e poderase asistir presencialmente ou en formato virtual. As persoas interesadas poderán inscribirse aquí.
A xornada contará coa participación de dous expertos en virus de importancia no ámbito alimentario, ademais do persoal investigador que forma a Rede:
- Carmina Gallardo, investigadora no Instituto Nacional de Investigación e Tecnología Agraria e Alimentaria (INIA) e experta en virus da Peste Porcina Africana.
- David Rodríguez Lázaro, investigador da Universidade de Burgos e experto en virus da hepatitis E.
