Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro «Aida Fernández Ríos. Da produtividade das rías á acidificación oceánica» no IIM-CSIC

octubre 7 @ 12:00 - 14:00
Presentacion Libro Aida Evento Web Movil

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra Fernández, e o presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Lema Rodicio, convidan á presentación do libro Aida Fernández Ríos. Da produtividade das rías á acidificación oceánica, que terá lugar no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) o próximo 7 de outubro, ás 12:00 horas, no marco do Día da Ciencia en Galicia 2026.

O acto estará dedicado á figura de Aida Fernández Ríos (1947-2015), científica titular do IIM-CSIC e primeira muller en dirixir o Instituto, entre 2006 e 2011. A súa traxectoria científica estivo centrada no estudo dos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, así como na acidificación oceánica e os seus efectos sobre os organismos mariños.

A presentación contará coa participación de Beatriz Novoa García, directora do IIM-CSIC; Juan Lema Rodicio, presidente da Real Academia Galega de Ciencias, e Dolores Vilavedra Fernández, presidenta do Consello da Cultura Galega.

Ás 12:30 horas terá lugar unha mesa redonda, moderada por Gabriel Rosón Porto, catedrático da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo e coordinador da publicación xunto a Fiz Fernández Pérez. Participarán tamén Miguel A. Fernández Fernández, sobriño de Aida Fernández Ríos; Carmen González Castro, investigadora científica do IIM-CSIC, e José Luis Garrido Valencia, investigador científico do IIM-CSIC.

O acto rematará ás 13:00 horas coa intervención de Carmen González Sotelo, delegada institucional do CSIC en Galicia.

📅 7 de outubro de 2026
🕛 12:00 horas
📍 Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), Vigo

Detalles

  • Fecha: octubre 7
  • Hora:
    12:00 - 14:00