Pescando 4.0: Dixitalización e blockchain
Taller sobre o potencial da dixitalización e "blockchain" para a rastrexabilidade, calidade e sustentabilidade no sector pesqueiro.
O Instituto de Investigacións Mariñas, xunto co Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e a Cooperativa de Armadores de Vigo que lidera o proxecto, organiza o 11 de outubro un taller sobre o potencial da dixitalización e o blockchain para a rastrexabilidade, calidade e sustentabilidade no sector pesqueiro, un evento que forma parte das actividades previstas no proxecto Pescando 4.0.
O encontro, que terá lugar na sede de CETMAR, constará dunha serie de relatorios sobre casos de uso de dixitalización e blockchain no sector, aos que lle seguirá un taller participativo para identificar oportunidades, posibles barreiras e avances tecnolóxicos relevantes destas tecnoloxías.
O periodo de inscrición remata o 30 de setembro. Hai un límite de 40 prazas.
Sobre o proxecto “Pescando 4.0”
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), o Centro Tecnolóxico Do Mar (CETMAR) e a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, S.C.G. (ARVI), constituíronse nunha agrupación para levar a cabo o proxecto Pescando 4.0.
O proxecto, que durará ata outubro do 2023, está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e dos fondos europeos Next Generatión EU, no marco do Real Decreto 685/2021, do 3 de agosto.
O obxectivo principal do proxecto, financiado polo plan, é poñer en marcha un sistema seguro e fiable que garanta a veracidade e inalterabilidade da información asociada á rastrexabilidade, seguridade alimentaria e sustentabilidade dos produtos pesqueiros.
Para este fin, desenvolverase e poñerase en marcha como piloto unha plataforma baseada en tecnoloxías 4.0, concretamente blockchain e IoT , que validará o funcionamento desta solución en tres pesqueiras, desde a captura do produto ata a súa primeira venda.
Podes consultar a páxina do proxecto aquí.