Presentación do libro "Estrelas galegas da ciencia"
O libro que percorre a historia de grandes avances científicos conta cun protagonista do IIM-CSIC: Fernando Fraga.
O martes, 28 de de marzo, presentarase en Santiago de Compostela o libro "Estrelas galegas da ciencia" do que Fernando Fraga (IIM CSIC) e un dos protagonistas, o proxecto de Observer achega a crianzas e persoas adultas á historia da ciencia en Galicia e a de persoeiros relevantes de entre os séculos XVII e XX
A autoría da obra recae sobre:
- Maite Vence, directora de Observer;
- Manuel Vicente, divulgador e presentador do programa da Radio Galega Efervesciencia,
- Andrea Burés, bióloga e divulgadora,
- Clara Cerviño, ilustradora científica, encargada de pórlle imaxe ás historias.
"Estrelas galegas da Ciencia"
O libro Estrelas galegas da Ciencia. Unha historia de persoeiros e achados asombrosos recolle a historia da ciencia no territorio galego, así como tamén ás figuras de investigadores e investigadoras que a posibilitaron no pasado, todo isto entre o período de tempo que vai do século XVII ata o XX.
Nel relátase unha pequena constelación de homes e mulleres que adicaron a súa vida ao coñecemento e a intentar comprender como funciona todo aquilo que nos rodea. Froito dos seus traballos agora pódese vivir nun mundo mellor e no que se atopan respostas a moitas cuestións científicas. En total, trátanse de 14 as personalidades abordadas, e foron seleccionadas pola súa repercusión histórica e científica.
A obra forma parte do repositorio de proxectos TeCeRedes en galego (TCR) ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22. A este respecto, poderase descargar dende a web de ObserverScienceTourism, a empresa encargada da súa edición e redacción.