O día 8 de maio, ás 19h, terá lugar unha sesión informativa aberta online (a través de Zoom), para coñecer o Reto Signátidos, que buscará a colaboración cidadá no avistamento de cabalos de mar e peixes pipa para completar o Atlas de Signátidos do Litoral Español.

Os cabalos de mar (Hippocampus spp.) son especies protexidas incluídas na Lista Española de Especies Silvestres con Especial Protección. A información dispoñible sobre o estado das poboacións silvestres destas especies é moi limitada, polo que é necesario recoller, analizar e avaliar a información dispoñible e ampliar o coñecemento sobre estas especies.

Por iso, o quipo do proxecto HippoDEC (liderado dende o departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do IIM-CSIC) e Observadores del Mar, lanzas o Reto Signátidos. Únete a sesión informativa!

INSCRÍBETE Á SESIÓN INFORMATIVA

Programa da sesión informativa

Data: 08/05/2024

19:00h: Presentación del Proyecto Hippo-DEC | IIM-CSIC

19:20h: Identificación de especies y hábitats de signátidos

19:45h: Cómo subir observaciones? | Observadores del Mar - Plataforma de ciencia cidadá mariña

O proxecto HippoDEC

o proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español, áreas críticas e medidas de conservación", liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do departamento de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. "O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial.

Esta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña.

O proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo, ONG Oceánidas, Fundación Oceanográfic de Valencia, ONG Ambiens, Palma Aquarium, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural, biodiversidade, forestal e adaptación ao cambio global, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación.

More