Saber do Mar | Tempada 2
Dentro do marco do Mes da Ciencia en Galego e da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía, o 16 de novembro estrearemos a 2ª tempada de "Saber do Mar", que se emitirá na canle de Youtube do IIM-CSIC.
A UCC+I do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) estrea a 2ª tempada da serie "Saber do Mar", que se emitirá na canle de Youtube do IIM-CSIC.
Saímos á rúa para preguntarlle á xente que coñece do que facemos no IIM-CSIC, que lle gustaría coñecer da nosa actividade científica e, en definitiva, que lle gustaría saber do mar. Estas preguntas, que gravamos en vídeo e están sendo contestadas da mesma forma polos científicos e científicas do centro.
O resultado final é unha serie de audiovisuais que seguimos completando con esta 2ª tempada de #SaberDoMar!
Actividade organizada co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología 2018. Co gallo da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC e do Mes da CIencia en Galego 2022.