How to apply?

Se tes interese en solicitar un dos nosos proxectos de formación debes cumprimentar a solicitude unicamente utilizando a Aplicación Convoca do CSIC, na Sede electrónica.

Na páxina de JAE Intro ICUs 2023, tamén na Sede electrónica, atoparás máis información e toda a documentación, incluída a convocatoria.

Prazos e datas

Desde o 1 de agosto recomendámosche contactar, antes de realizar a túa solicitude, coas persoas responsables da oferta do teu interese.

O prazo presentación de solicitudes para as ofertas do IIM-CSIC é do 1 ao 30 de setembro de 2023.

Documentación a ter a man

Ten en conta que a aplicación che solicitará a seguinte documentación en formato .pdf:

Documento de Identidade vixente.

Grao: Certificación académica persoal ou Expediente académico (ver art. 8.4. da Convocatoria). No caso de estudos cursados en sistemas universitarios estranxeiros, o documento xerado por Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) co cálculo da equivalencia das cualificacións.

Máster: matrícula do Máster Universitario oficial.

Currículo xunto á documentación que acredite os méritos presentados. Deberás xuntar o CV e os documentos acreditativos dos méritors nun único PDF antes de presentalo.

Declaración responsable segundo impreso:

- De non ser persoa beneficiaria dunha bolsa do programa JAE, en calquera das súas modalidades.

- De non estar en posesión ou disposición legal de obter o título de Doutor/a.

Declaración responsable segundo impreso de que a persoa solicitante cumpre cos requisitos establecidos no art.6 da convocatoria.

Dúbidas?

Antes de consultar as túas dúbidas, recomendámosche que consultes a información dispoñible na Sede Electrónica del CSIC.

En concreto, non deixes de consultar:

  1.  A Guía para a Presentación de Solicitudes
  2.  As Preguntas Frecuentes (FAQs)

Se segues con dúbidas, contacta connosco:

  1. Para dúbidas relacionadas coa plataforma, o proceso xeral de solicitude ou as condicións da convocatoria, contacta coa Organización Central do CSIC en JAE Intro no IIM-CSIC.
  2. Para dúbidas sobre a temática, os prazos ou as datas das ofertas do IIM-CSIC contacta co Instituto de Investigacións Mariñas no correo de JAE Intro no IIM-CSIC ou coas persoas supervisoras de cada oferta.
More job offers