Oferta | Buscamos profesional en Bioloxía ou Ciencias do Mar
O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo (IIM-CSIC) oferta 1 contrato de traballo no Grupo de Ecoloxía e Recursos Mariños.
Data de inicio prevista: primavera do 2024
A candidata ou candidato deberá ter rematado o seus estudos de Grao, Licenciatura ou equivalente na rama de Bioloxía ou Ciencias do Mar.
Por que o IIM?
O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) é unha opción perfecta para desenvolver a túa carreira profesional. O IIM representa unha das principais institucións de investigación mariña a nivel estatal e forma parte do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), principal corpo de investigación no país, cuarto en Europa e sétimo a nivel mundial.
O IIM-CSIC, como institución de investigación mariña dedicada ao desenvolvemento do coñecemento para o desenvolvemento sostible, realiza investigacións multidisciplinares que responden aos retos globais e ás preocupacións locais: posibilitando un entendemento. ecosistemas mariños completos e globais.
O instituto ofrece un ambiente de investigación vivo e diverso, ideal para entrar no mundo da ciencia. Somos un centro comprometido co impacto real na sociedade, creando activamente novas redes de colaboración grazas ás nosas propias Unidades Estratéxicas de Internacionalización e Transferencia (IACIC) e Cultura Científica (UCC+i).
Traballa connosco e descubre, desde dentro, o mundo da investigación mariña!
Un contrato dispoñible no IIM-CSIC
Investigador responsable e contacto: David Villegas
Grupo: Ecología y Recursos Marinos
Buscase persoa candidata para traballar como técnico de investigación no proxecto "BELAS: Comportamento animal e conservación de recursos mariños na interface social-espacial: o caso dos elasmobranquios costeiros".
Requisitos
- Estudos de Grao, Licenciatura ou equivalente na rama de Bioloxía ou Ciencias do Mar.
- Nivel de inglés B2 ou superior.
- Nivel de castelán C1 ou superior.
Moi recomendable
- Título de mergullo profesional.
- Titulo de mergullo deportivo Dive Master o equivalente.
- Experiencia en traballo con elasmobranquios costeiros.
Valorarase
- Experiencia en telemetría acústica.
- Experiencia en traballo con BRUVs (Baited-remoted underwater videos).
- Experiencia en R.
Data
O prazo para a presentación de solicitudes para a oferta do IIM-CSIC está aberto até o ⚠ 31 de decembro de 2023 ⚠.
Documentación solicitada
- - Curriculum Vitae
As persoas interesadas en participar nesta oferta deberán poñerse en contacto con David Villegas