Visitas Escolares ao IIM | Colexio Lar
Este mes de marzo tivemos o pracer de recibir a 22 alumnos e alumnas do ciclo de grado superior de Anatamía Patolóxica e Citodiagnóstico do Colexio Lar
Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do Colexio Lar nas nosas instalacións no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles:
10:00 - Recepción e Benvida:
Iniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I.
Visitas a Laboratorios e Acuario:
Durante a visita, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario, guiados por expertos en cada área:
- Grupo de Inmunoloxía e Xenómica ( Beatriz Novoa).
- Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren e Begoña Villaverde).
- Grupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal, Sonia Dios, Marimar e Sara Polo)
- Acuario do centro.
Esta acción foi organizada pola UCC+ I do centro e levouse a cabo no marco dos proxectos “OceanNight”
14:00 - Despedida:
Esperamos que disfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!