*Por motivos de prevención, vémonos na obriga de aprazar este evento. Anunciaremos a nova data o máis pronto posible!

O Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo,  retransmitirá próximamente*, o evento “O IIM-CSIC: 7 décadas navegando pola investigación mariña en Galicia”.

O pasado 3 de outubro fixéronse 70 anos da fundación do Instituto de Investigaciones Pesqueras do CSIC (institución da que saiu o IIM-CSIC e outros 5 centros mariños do CSIC). Neste evento o Instituto quere facer un breve repaso aos seus 70 anos de historia, aos cambios que se deron no mundo da ciencia mariña dende a perspectiva das persoas que formaron parte da comunidade do IIM durante estas 7 décadas en Vigo.

Programa

O programa contará coa participación do Dr. Ricardo Prego, investigador no IIM e co-autor do libro “El Instituto de Investigaciones Pesqueras: Tres décadas de historia de la investigación marina española“, así como dalgunhas das figuras que pasaron por este centro nas súas 7 décadas en Vigo.

Podes descargar o programa completo aquí.

  • 12:00h – Benvida e introdución
    • Luisa Martínez Lorenzo – UCC da Delegación do CSIC en Galicia
  • 12:10h – Charla histórica
    • Dr. Ricardo Prego – IIM-CSIC
  • 12:40h – Mesa Redonda | 7 décadas de…
    • Modera: Luisa Martínez Lorenzo
      • Participan:
        • Pilar González Fernández – Investigadora do IIM-CSIC ata 2014
        • José Manuel Abuín – Director do IIP-CSIC de Vigo (1978-1982) e investigador ata 2014
        • Mª Ángeles  García Calvo – Técnica de Biblioteca e Documentación ata 2014
        • Miguel Anxo Murado García – Director do IIP-CSIC de Vigo (1983-1987) e profesor de investigación ata 2013
  • 13:40h – Rolda de Preguntas e respostas
  • 14:00h – Peche da Xornada

Parte da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

O evento conta coa colaboración da Delegación do CSIC en Galicia e realízase no marco da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC, así como da celebración conxunta de 70 aniversario do Instituto de Investigaciones Pesqueras del CSIC.

Terá lugar no Salón de Actos do IIM-CSIC, en BouzasAnimámosvos a asistir telemáticamente a este evento e a coñecer un pouco máis da historia e do legado do noso Instituto, unha historia que é testemuña dos fondos cambios que se deron na investigación mariña feita en Galicia e que marcou moitos dos camiños que hoxe estámos a decorrer os que traballamos neste eido da ciencia.

More