Biografía

Técnico en acuicultura no servizo de Acuarios do IIM desde o ano 2004. Son técnico superior en producción acuícola e licenciado en bioloxía na especialidade de bioloxía mariña. O traballo no servizo de Acuarios consiste no mantemento de organismos acuáticos (tanto mariños como de auga doce) utilizados no IIM polos diferentes grupos de investigación. Encargámonos da súa limpeza, alimentación e benestar. Entre as nosas tarefas inclúese a supervisión e mantemento das instalacións relacionadas co servizo: sistemas de bombeo, tratamento da auga, climatización das salas, etc.