Short bio

Ao desenrolarse enteiramente no subsolo, os esteiros subterráneos son frecuentemente ignorados nos estudos bioxeoquímicos e nos planos de xestión costeira. Nas zoas de saída da auga subterránea, a mestura coa auga costeira crea fortes gradientes bioxeoquímicos e alimenta unha elevadísima diversidade microbiana que ten a capacidade de modificar o contido en nutrientes e outros solutos da auga subterránea antes de chegar à costa. Os meus estudos de doutorado céntranse así na identificación e avaliación dos servizos ecosistémicos dos estuarios subterráneos da Ría de Vigo (redución de contaminación antes da descarga á costa, rexeneración de solutos). Realizo esta investigación no Laboratorio de Xeoquímica Orgánica (LGO), no departamento de Oceanografía.

Related projects