O mar e a pesca na obra de frei Martín Sarmiento
Parte da 3ª sesión de relatorios do "Simposio Martín Sarmiento: De Historia Natural e Todo Xénero de Erudición", organizado polo Consello da Cultura Galega. Sesión dedicada ás ciencias naturais.
![SImposio Martín Sarmiento. 28 e 29 de novembro en Santiago de Compostela. Organiza o Consello da Cultura Galega.](/sites/default/files/styles/noticia_full/public/2022-11/2022.11.28%20-%20Relatorio%20Frei%20Mart%C3%ADn%20Sarmiento%20Fran%20Saborido.png?itok=bx-uiufA)
Dentro do simposio sobre o erudito frei Martín Sarmiento que organiza o Consello da Cultura Galega (CCG), o investigador, Fran Saborido (Ecoloxía e Recursos Mariños), participará na 3ª sesión de relatorios sobre "Ciencias Naturais", cun relatorio sobre o mar e a pesca na obra desta icónica personaxe da ciencia galega.
A xornada será gratuita previo rexistro na web do Consello da Cultura. Comezará ás 10.00h (CET), na sé do CCG en Santiago de Compostela.
O simposio comezará o día anterior, 28 de novembro. O programa completo pode consultarse aquí.
Para máis información, consultar a web do Consello da Cultura Galega ou escribir un correo a difusion@consellodacultura.gal.