Inscrición gratuita no evento

O luns, 12 de decembro, presentarase en Vigo o novo Manual de Ilustración Científica de Illustraciencia, iniciativa con máis de unha década de experienncia fomentando e premiando a ilustración natural e científica.

A presentación terá lugar na sé da Deputación de Pontevedra na cidade olívica e contará coa participación de:

  • Xosé Pintado Valverde - vicedirector de Cultura Cientíica do IIM-CSIC
  • Sara Carrasco - ilustradora de 13GRADOS
  • Miquel Baidal, Fernando Correia e Clara Cerviño - equipo coordinador do Manual

Máis datas en Galicia

O evento forma parte da xira de presentación do Manual que pasou, anteriormente, por Madrid e Barcelona e que continuará con 2 eventos no país:

  1. O 13 de decembro, na Coruña, na Libraría Berbiriana.
  2. O 14 de decembro, en Santiago de Compostela, no Museo de Historia Natural da USC.

Un Manual para iniciarse na ilustración científica

Co Manual de Ilustración Científica de Illustraciencia descubrirás en que consiste o traballo do ilustrador científico, aprenderás cales son as técnicas máis comúns nesta disciplina e recibirás consellos de profesionais sobre a ilustración dos diferentes grupos biolóxicos (botánica e zooloxía) ademais de ilustración molecular, médica, arqueológíca e palentológica. Ao longo do libro exponse exercicios prácticos e formúlanse preguntas relacionadas cos aspectos máis importantes que hai que ter en conta á hora de enfrontarse a un proxecto.

Descubrirás que a ilustración científica é imprescindible para a divulgación do coñecemento xa que é a disciplina idónea para transmitir con rigor e veracidade os resultados do traballo desenvolvido polas diferentes ramas de investigación e demais proxectos científicos relacionados co pasado, presente e futuro do ser humano e o mundo que nos rodea. Os contidos que atoparás nacen da experiencia acumulada na formación en ilustración científica dos seus autores co propósito de axudar a quen desexe introducirse nunha profesión na que se unen arte e ciencia. Ao mesmo tempo é un libro que esperta o interese pola ciencia e a natureza a través das máis de 300 ilustracións achegadas pola comunidade de Illustraciencia.

Illustraciencia é un proxecto creado en 2009 co obxectivo de divulgar a ilustración científica e de natureza. Para iso, leva a cabo numerosas accións, entre as cales destacan o Certame Internacional de Ilustración Científica e Naturalista, o Congreso En liña de Ilustración Científica e a formación académica especializada.

Clara Cerviño, Miquel Baidal e Fernando Correia coordinan a realización deste manual, que non podería materializarse sen a implicación e colaboración de profesores da Academia Illustraciencia, alumnos, participantes no certame de Ilustración científica e en definitiva de toda a comunidade de illustraciencia. Esperamos que che axude a descubrir este marabilloso mundo da ilustración científica e, sobre todo, a seguir aprendendo e debuxando.

More