Visitas ao IIM | Centro de Estudos Superiores Aloya
Este mes de febreiro tivemos o pracer de recibir a 52 alumnos e alumnas do ciclo de grao superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do CES Aloya
Foi un pracer darlle a benvida ao Ciclo Superior de Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico do CES Aloya nas nosas instalacións do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC). A continuación, presentamos o programa de visitas guiadas que preparamos para eles:
10:00 - Recepción e Benvida:
Iniciamos a xornada coa recepción e benvida no Salón do Actos do IIM-CSIC. Onde se fixo unha introdución á nosa institución e ao traballo que realizamos aquí por parte do persoal da UCC+I.
Visitas a laboratorios e Acuario:
Durante a visita, tiveron a oportunidade de explorar algúns dos nosos destacados laboratorios e o noso acuario, guiados por persoas expertas en cada área:
- Grupo de Inmunoloxía e Xenómica (Beatriz Novoa).
- Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos (Raquel Aranguren, Begoña Villaverde).
- Grupo de Patobioloxía Molecular Mariña (Camino Gestal, Sonia Dios e Maria del Mar Costa, Sara Polo)
- Grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños (Alex Alonso, Mariña Fabeiro)
- Acuario do centro.
14:00 - Despedida:
Esperamos que desfrutaran da visita e que lles resultara educativa e inspiradora. ¡Moitas grazas por vir ao Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)!
Algunhas das accións realizadas nesta visita organizada pola UCC+I do centro, enmarcáronse nos seguintes proxectos: “OceanNight”, “IMANREFIVIR: Resposta antiviral dos peixes contra virus ARN” e “BIMICRODIS: Bivalvos, microbioma e enfermidades”. “Inmunidade en polbo común: recoñecemento do non propio e resposta inducida por patóxenos – INMUNOCTOPUS” e “Efecto da ondada oceánica no sistema de afloramento das Rías Baixas: dinámica de superficie sobre casos biolóxicos seleccionados – STRAUSS”, ambos enmarcados no Programa I+D+I do MCIU, e “Avances no benestar de polbo, Octopus vulgaris, en cultivo. Unha aproximación multidisciplinar para un cultivo sustentable – OCTOWI” e “Ferramentas para a xestión sustentable do abastecemento natural de semente de bivalvos – BiReMARK”, enmarcados no Programa de Ciencias Mariñas de Galicia. Marine Science Programme (ThinkInAzul). MICIN e Xunta de Galicia. Fondos Next Generation EU (PRTR-C17.I1) e Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro (FEMP/FEMPA)”.