Short bio

Son Dra. en Ciencia do Mar e desde o ano 2007, dedícome á Cultura Científica como Responsable da UCC do CSIC en Galicia. Deseño, coordino e participo en accións de divulgación científica e son poñente en cursos e eventos de comunicación social da ciencia . No eido das publicacións teño participado na elaboración de recursos didácticos como as unidades didácticas da Exposición “La esfera del agua” (CSIC 2013) ou nos paneis divulgativos do proxecto “Ciencia en el Puerto” (CSIC, edicións 2007 e 2018). Autora do libro “Puf! Vaia peido!” da editorial Galaxia e desde 2019 directora da colección de divulgación científica “Lanterna de Aristóteles”. Entendo a alfabetización científica como unha emerxencia social, nestes tempos nos que continuamente temos que tomar decisións sobre temas vinculados á ciencia e a tecnoloxía, que poden afectar de xeito fundamental a nosa vida e a da comunidade. O público obxectivo nesta tarefa é toda a sociedade. Os formatos, os espazos, as vías de achegamento e os enfoques son infinitos. Encántame explorar as aproximacións a través da cultura: literatura, teatro, ilustración, audiovisual,... pero teño claro que hai actividades de base, mais tradicionais e se cadra menos vistosas, como as charlas nas escolas ou as visitas aos centros de investigación, que son imprescindibles e non se poden esquecer. A miña paixón e a divulgación da ciencia mariña. Pola miña formación como oceanógrafa, pero tamén pola fonda vinculación que teño co IIM e co seu persoal.

Related projects