"Neuston 3: En concerto co océano" con Abraham Cupeiro | Ocean Night 2023
O concerto terá lugar na noite do 29 de setembro en dúas sesións, ás 18:30h e ás 20:30h no Real Jardín Botánico de Madrid (sala Cátedra Cavanilles do RJB), as entradas son de balde e poden adquirirse en eventbrite a partir do 21 de setembro.
"Neuston 3: en concerto co océano" é unha fascinante viaxe musical polo océano a cargo do talentoso músico Abraham Cupeiro. Este concerto pretende transmitir a vital importancia do océano na vida e sustentabilidade da terra, así como difundir os principios da Cultura Oceánica (UNESCO, 2020).
O artista, é un construtor e multiinstrumentista que emprega sonoridades de instrumentos recuperados do esquecemento do tempo. Neste evento, deleitaranos con varias composicións musicais inspiradas no océano e no traballo do Instituto de Investigacións Mariñas.
O evento, organizado pola Unidade de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo, en colaboración co Real Jardín Botánico de Madrid (RJB-CSIC) co gallo da Ocean Night – Noite Europea das Persoas Investigadoras (MSCA-ERN) terá lugar en sala Cátedra Cavanilles do RJB - CSIC de Madrid o día 29 de setembro en dúas sesións, ás 18:30 e ás 20:30 horas, elixe a que mellor che veña!. A entrada será pola rúa Claudio Molina, 1.
O concerto, de entrada libre, é o resultado dunha estreita colaboración entre o artista sarriao e a comunidade científica do Instituto; a través dunha serie de visitas ao centro e de reunións cos grupos de investigación e co equipo da súa Unidade de Cultura Científica.
As entradas, que poden adquirirse a partir do xoves, 21 de setembro, ás 18h en eventbrite.
Os Neuston Experiments e a Ocean Night do CSIC
O evento, denominado Neuston Experiment 3: In concert with the Ocean, é xa o terceiro da serie dos Neuston Experiments, comezados no ano 2008, coa participación de artistas como Vitor Freixanes, Rosa Aneiros, Manuel Sendón, Marilar Aleixandre ou Miguelanxo Prado, así como Mónica de Nut na edición de 2021.
A música, inspirada pola ciencia mariña, combinarase cunha montaxe audiovisual que se proxectará durante o evento, montada a partir de imaxes reais fornecidas pola comunidade científica do instituto de Bouzas.
O acontecemento será un dos moitos organizados esa noite como celebración da Ocean Night ( ‘Noite do Océano’, en galego). A Ocean Night é un programa de divulgación científica integral de 2 anos de duración (2022 y 2023) que busca fomentar a chamada “cultura oceánica”, a consciencia do impacto que os ecosistemas mariños teñen na sociedade e viceversa, así como pór en valor o coñecemento científico, a investigación e as persoas que traballan neste eido.
Descubre todos os eventos que dende a Ocean Night preparamos por toda a península. Accede a web.
É, ademais, un dos proxectos financiados pola European Researcher’s Night (MSCA-ERN), unha convocatoria europea de fomento da Cultura Científica promovida dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa. A MSCA-ERN, ten lugar anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar as persoas que investigan á cidadanía para que coñezan o seu traballo e os beneficios que aportan á sociedade.
A organización do evento recae sobre cinco dos principais centros de investigación mariña e costeira do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC): o Institut Mediterrani d’Estudis Avançats (IMEDEA-UiB-CSIC; Esporles), o Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC; Barcelona), o Centre d’Estudis Avançats de Blanes (CEAB-CSIC; Blanes), o Instituto de Ciencias del Mar de Andalucía (ICMAN-CSIC; Cádiz), e o propio IIM-CSIC de Vigo. Xunto con eles, colaboran tamén a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia, a Unidade de Tecnoloxía Mariña do CSIC (UTM-CSIC) e o Instituto de Acuicultura Torre de la Sal (IATS-CSIC; Castellò).
O artista, Abraham Cupeiro
Abraham Cupeiro (Sarria, 1980) é un construtor e multintrumentista galego que busca a recuperación de instrumentos perdidos no tempo para utilizalos na creación de novas sonoridades.
Ademais da súa fonda formación musical, Abraham destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro) e por recuperar un instrumento ancestral da tradición galega desaparecido na segunda metade do século XX: a corna.
Construtor dos seu propios instrumentos, o sarriao conta actualmente con 3 proxectos musicais en marcha: Resoando no pasado, Pangea e Sons esquecidos. Destaca ademais a súa labor de divulgación musical en escolas, redes sociais e incluso a través de programas como La Resistencia.
Proxecto financiado pola Unión Europea
A Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido dende 2005 pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska-Curie do programa Horizonte Europa, que se desenvolve anualmente e de forma simultánea en máis de 371 cidades europeas de máis de 30 países. O seu principal obxectivo é achegar á cidadanía ás persoas que realizan investigacións para que coñezan o seu traballo, os beneficios que aportan á sociedade e o seu impacto na vida diaria.