FORMULARIO DE INSCRICIÓN

PROGRAMA PROVISIONAL | ForoACUI XXIV 

 

O vindeiro xoves, 7, e venres, 8 de setembro, no Auditorio Municipal do Grove, celebrarase o XXIV Foro dos Recursos Mariños e Acuicultura das Rías Galegas.

Este Foro é un encontro anual que naceu en 1998 co obxectivo de ser un espazo de referencia para comunicar a realidade e as perspectivas de futuro da pesca, o marisqueo e a acuicultura en Galicia. Os principais obxectivos son, a formación, a divulgación e principalmente, a interacción entre o persoal investigador, o sector empresarial e a Administración.

A primeira xornada abrirase cunha conferencia inaugural e con dúas mesas de traballo repartidas o longo da maña unha sobre a traxectoria e proxectos do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), e outra sobre o Marisqueo e Pesca de Baixura onde participará Laura García Peteiro, investigadora do IIM-CSIC.

A segunda xornada centrarase no tema "Ameazas e retos da acuicultura do futuro" onde falarán representantes sociais e expertos científicos que achegarán a súa visión múltidisciplinar do debate en cuestión. Entre eles, tamén o Profesor de Investigación do IIM-CSIC, Ángel F. González González.

Participarán tamén outros profesionais do sector e persoal científico do IMEDEA-UiB-CSIC e o IEO-CSIC.

O evento finalizará coa entrega de: “XVII Premio ás mellores comunicacións”.As persoas interesadas poden presentar os seus traballos en formato póster ou como comunicación audiovisual.

More