Inscricións

O vindeiro 28 de febreiro terá lugar a presentación do proxecto “Hippo-DEC: Diagnóstico do estado de conservación de cabalos de mar no litoral español, áreas críticas e medidas de conservación" no Auditorio do Cambón, sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, situado en Vigo.

Este proxecto, liderado polos investigadores Miquel Planas  e Jorge Urcera do grupo de Ecoloxía de Recursos Mariños do IIM-CSIC, ten como obxectivo principal avaliar a situación actual das poboacións salvaxes de cabalos de mar, especies vulnerables incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial dende 2011. "O proxecto Hippo-DEC permitirá recompilar, analizar e avaliar información vital para a conservación destas especies, así como propoñer medidas de protección e áreas críticas que requiren atención especial.

Esta iniciativa representa un avance significativo cara á protección e preservación dos cabalos de mar no litoral español, demostrando o compromiso conxunto da comunidade científica e a sociedade na conservación da biodiversidade mariña.

O proxecto conta coa colaboración de Observadores do Mar, Fundación Aula do Mar do Mediterráneo, ONG Oceánidas, Fundación Oceanográfic de Valencia, ONG Ambiens, Palma Aquarium, Acuario Gijón e Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Ademais, a investigación está financiada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Protocolo Xeral de Actuación DGBBD-OAPN-FB-CSIC en materia de patrimonio natural, biodiversidade, forestal e adaptación ao cambio global, co obxectivo de determinar zonas preferentes de conservación e propoñer medidas de actuación.

 Programa   

More