Política de uso de rastros
Nesta páxina, o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) infórmate do uso de rastros (“cookies”) nos nosos sitios web.
Os rastros son ficheiros que poden descargarse ao teu ordenador ao navegares por calquera páxina web de Internet. Trátase de ferramentas que xogan un papel esencial que permite ofrecer numerosos servizos na sociedade da información. Entre outros, permiten aos sitios web gardar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou dun equipo e, dependendo da información obtida, pódense usar para recoñecer ao usuario, personalizar a súa experiencia no sitio web ou mellorar os servizos que ofrece este.
Tipos de rastros
Dependendo de que entidade xestione o dominio dende o que se envían os rastros e do tipo de datos que se obteñan, é posible distinguir dous tipos de rastros: os rastros propios e os de terceiros.
Existe tamén unha segunda clasificación segundo o tempo que permanezan almacenadas no navegador do cliente: rastros de sesión ou rastros persistentes.
Por último, outra clasificación consta de cinco tipos de rastros segundo o propósito dos datos recompilados: rastros técnicos, rastros de personalización, rastros analíticos, rastros publicitarios e rastros de publicidade comportamental.
Para máis información, consulta a Guía sobre o uso dos rastros da Axencia Española de Protección de datos (dispoñible en castelán e inglés).
Rastros que usa este sitio web
O sitio web do IIM-CSIC utiliza o seu propio rastro técnico (chamado "cookie_agreed”), que se descarga para lembrar se quen visita deu o seu consentimento para o uso de rastros e aceptou o uso de rastros analíticos. Isto evita que o sitio web amose a mensaxe emerxente de rastros a quen xa aceptara.
Tamén usamos Google Analytics, unha ferramenta analítica que serve de axuda aos sitios web e a quen xestiona as aplicacións para comprender a forma na que as persoas que as visitan interactúan coas súas propiedades na web.
Google Analytics usa rastros con nomes que comezan por "GA" para recompilar información sobre o comportamento de quen visita o sitio web e facilitarlla a quen o xestiona para mellorar a experiencia da visita. Non identifican persoalmente a quen visita a web. Máis información sobre os rastros de Google Analytics e sobre a privacidade.
Ademais, usamos o módulo de Drupal AddToAny para inserir en certas páxinas, como a de novas ou a de eventos, botóns que permiten compartir en redes sociais. AddToAny intégrase cos rastros de Google Analytics para dar información sobre que botóns se premen e con que frecuencia. Podes atopar máis información sobre AddToAny no seu sitio web.
Aceptación da política de rastros
Ao seguires navegando polo noso sitio web, o IIM-CSIC asume que aceptas o uso de rastros.
Porén, ó final de todas as páxinas do portal amosarase unha mensaxe emerxente con información sobre a política de rastros para cumprirmos coa normativa actual e para asegurármonos de que es consciente dela.
Unha vez amosada esta información, a persoa usuaria pode levar a cabo unha destas accións:
- Aceptar todos os rastros: ao premer nos botóns de "aceptar" ou "gardar" sen realizar ningunha outra acción, a persoa usuaria acepta o uso tanto dos rastros técnicos (esenciais) como dos analíticos dentro deste sitio web. Non se volverá amosar esta advertencia ao acceder a calquera páxina do portal dende o mesmo navegador.
- Desmarcar o permiso para usar rastros analíticos: o sitio non gardará rastros analíticos, que se usan para avaliar e mellorar a experiencia de uso do sitio sen recoller información persoal de quen o visita. O sitio gardará os rastros técnicos, que son esenciais para o seu funcionamento. Non se volverá amosar a mensaxe emerxente de información sobre rastros.
- Ver a nosa política de rastros: a persoa usuaria poderá acceder a esta páxina que detalla o uso que facemos dos rastros, ademais de acceder a ligazóns que permiten modificar a configuración do navegador.