Xunta
A Xunta inclúe ao Equipo Directivo, xunto coas Xefaturas de Departamento e Representantes do Persoal.
As persoas que exercen de Representantes dan voz ao persoal do Instituto dentro da Xunta, o órgano superior de goberno do centro xunto co Equipo Directivo. As persoas que representan o persoal elíxense cada 4 anos entre todo o persoal que leva máis de seis meses traballando no IIM. Trátase dun proceso de elección aberta dentro do Instituto, do que saen elixidas dúas persoas representantes.
As accións e responsabilidades da representación do persoal, así como da Xunta do Instituto, descríbense con detalle na Norma reguladora dos Institutos de Investigación do CSIC de 2013. A continuación podes ver os datos de contacto das persoas que representan actualmente o persoal do IIM.