Grupos de investigación
Os grupos de investigación son as unidades fundamentais de investigación e innovación do Instituto de Investigacións Mariñas. Os nosos catorce grupos poñen de manifesto unha das principais fortalezas do IIM: o seu carácter multidisciplinario, que permite un intercambio continuo de coñecementos entre distintos eidos de investigación mariña, dende o estudo dos sistemas oceánicos e costeiros ata os biosistemas e bioprocesos vencellados á industria alimentaria e á circularidade.
- Bioquímica de Alimentos
- Biosistemas e Enxeñaría de Bioprocesos
- Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños
- Química de Produtos Mariños
- Reciclado e Valorización de Residuos
- Bioxeoquímica Mariña
- Fotobioloxía e Toxinoloxía do Fitoplancto
- Laboratorio de Xeoquímica Orgánica
- Procesos Oceánicos en Cambio Global
- Ciencias sociais aplicadas a recursos mariños e costeiros
- Ecoloxía e biodiversidade mariña
- Ecoloxía mariña integrada
- Ecofisioloxía, Biomarcadores e Xestión Sostible de Bivalvos
- Inmunoloxía e Xenómica
- Laboratorio de Biotecnoloxía Acuática
- Patobioloxía Molecular Mariña