LNREMB: Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos
O Laboratorio Nacional de Referencia de Enfermidades de Moluscos Bivalvos, tamén coñecido como LNREMB (Directiva 2006/88/EC do Consello, de outubro de 2006), determina a nivel nacional o índice de risco de certas enfermidades que afectan a moluscos bivalvos.
O seu persoal conta cunha ampla experiencia en técnicas diagnósticas, tanto por histoloxía como por bioloxía molecular, e está acreditado pola ENAC-ILAC de acordo á norma UNE-EN ISO 17025 (número de acreditación 946/LE1872) para os seguintes patóxenos de moluscos:
- Detección de Marteilia spp. por histoloxía e citoloxía en moluscos bivalvos.
- Detección de Bonamia spp. por histoloxía e citoloxía en ostra plana, Ostrea edulis.
- Detección de Perkinsus spp. por histoloxía en ameixas.
Obxectivos e tarefas
Entre as tarefas do LNREMB, destacan as seguintes:
- Informar de calquera sospeita de aparición dalgunha das enfermidades de moluscos que aparecen listadas na Directiva.
- Contribuír á identificación da orixe das enfermidades mediante estudos epizoóticos.
- Coordinar, previa consulta ao Laboratorio Europeo de Referencia, os métodos de diagnóstico empregados nos Estados membros. Dar formación a persoal experto no diagnóstico mediante estes métodos.
- Organizar de forma periódica ensaios comparativos dos procedementos diagnósticos a nivel nacional.
Catálogo de servizos
- DETECCIÓN DE PATÓXENOS POR HISTOLOXÍA
- DETECCIÓN DE PATÓXENOS POR CITOLOXÍA
- DETECCIÓN DE PERKINSUS SPP. POR INCUBACIÓN EN MEDIO FLUIDO DE TIOGLICOLATO (FTM)
- DETECCIÓN DE PATÓXENOS POR PCR-RFLP
- DETECCIÓN DE PATÓXENOS POR qPCR