Equipo Directivo
O Equipo Directivo é o organismo superior de goberno do centro; está formado pola Dirección e as catro Vicedireccións e conta co apoio das Unidades Estratéxicas.
Encárgase de representar o Instituto, actuando de ligazón coa Administración Central do CSIC, así como de deseñar a estratexia do centro e garantir que cumpre cos seus obxectivos, todo isto mantendo uns custos axeitados e permitindo así o éxito do seu desenvolvemento como centro de investigación.
A Vicedirección de Investigación é responsable de tomar decisións relacionadas coa nosa estratexia de I+D (SRIA 2021). Conta co apoio da Unidade de Internacionalización e Transferencia (IACIC) e o seu obxectivo é manter o noso traballo de investigación e innovación aliñado cos nosos eixos fundamentais, garantir que cumprimos cos estándares necesarios en canto a impacto, procurar novas liñas de financiamento e recrutar novos recursos humanos para manter a nosa investigación viva e saudable.
A Vicedirección de Organización é responsable da organización interna do centro e garante o correcto uso dos seus recursos. Traballa en estreita colaboración coa Vicedirección Técnica, que se encarga de todos os aspectos técnicos relacionados co material, os grupos e os servizos do IIM.
O posto de vicedirección de máis recente creación é o de Vicedirección de Cultura Científica, que é o resultado da cristalización dos esforzos e o compromiso do noso persoal coa divulgación e o fomento da cultura científica. A persoa que ocupa este posto é responsable de coordinar accións ao nivel de todo o Instituto para achegar a investigación e innovación mariña á nosa comunidade e para promover a investigación neste eido, contando co apoio da nosa Unidade de Cultura Científica (UCC+i).
Equipo
-
SoniaDiosVidalInvestigador/a PrincipalVicedirección de Infraestructura y Sostenibilidadsdios@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438609
-
Jose ManuelFernándezBabarroInvestigador/a PrincipalVicedirección de Organizaciónjbabarro@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438592
-
MartaLópezCaboXefatura de grupoVicedirección de Estratexia Científica e Transferenciamarta@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438526
-
JoséPintadoValverdeInvestigador/a PrincipalVicedirección de Cultura Científicapintado@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438479
-
FranSaboridoReyInvestigador/a PrincipalXefatura de Direcciónfran@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438522
-
CarmenSantosQueirugaAdministración e soporte xeralSecretaríacarmensan@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438481
-
Juan RamónVillarAlonsoSoporte técnico e estratéxicoApoio á Direcciónjvillar@iim.csic.es986 23 19 30 ext. 438485