Monitorización e observación do medio mariño
A unidade de Monitorización e Observación do Medio Mariño (UMO), que absorbe e amplía a antiga UMIMAG, creouse para prestar apoio aos grupos de investigación nas súas mostraxes de campo, en especial naqueles medios que precisan de persoal especializado (mergullo científico, identificación visual de especies, etc.). Do mesmo xeito, esta unidade ten como obxectivo o cumprimento rigoroso da lexislación en materia de Prevención de Riscos Laborais referida ás actividades submarinas. Tamén ofrece un servizo de adquisición e edición de imaxes con fins de investigación, docencia e divulgación.
Obxectivos e tarefas
O servizo ten como obxectivo dar apoio aos grupos de investigación do IIM-CSIC nas seguintes áreas:
- Mostraxes mediante mergullo científico, cumprindo coa normativa vixente en materia de actividades subacuáticas.
- Recollida de mostras de flora e fauna en ambientes terrestres e acuáticos.
- Fotografía e gravación de vídeo en medios subacuáticos e terrestres.
- Preparación e edición de arquivos de imaxe para investigación e formación do persoal do IIM.
- Asistencia coa mobilización e recollida de instrumentos científicos para medición e vixilancia de parámetros oceánicos.
- Supervisión de todas as actividades subacuáticas e de todo o persoal do IIM-CSIC que realiza actividades de submarinismo. Isto inclúe a xestión do material de mergullo, licencias de submarinismo, fichas do persoal e saídas de mergullo para todo o persoal do IIM encargado das actividades de submarinismo, cumprindo con todas as normativas legais e internas do Instituto. Mantemento do equipamento de mergullo.
- Xestión das campañas de mostraxe e alugueiro de embarcacións cando proceda.
- Coordinación das colaboracións con servizos de submarinismo doutros centros nacionais e internacionais.
- Colaboración co servizo de Acuarios do IIM (SACUIM) para actividades encamiñadas a mellorar o benestar dos animais para experimentación.