Fotobioloxía e Toxinoloxía do Fitoplancto
O grupo de microalgas que conforman o fitoplancto mariño produce unha ampla variedade de metabolitos, entre os que se atopan pigmentos e toxinas.
O seu estudo ten importantes consecuencias para a conservación e a saúde do medio ambiente e da sociedade humana.
O Grupo de Fotobioloxía e Toxinoloxía do Fitoplancto explora as relacións entre a bioloxía das microalgas e a produción destes metabolitos, prestando especial atención aos efectos dos factores medioambientais, especialmente a luz e os factores relacionados co cambio global, e estudando o fitoplancto dende diferentes perspectivas: a fotobioloxía, a química dos produtos naturais, a taxonomía e quimiotaxonomía, os ciclos vitais, etc.
Os pigmentos producidos polas microalgas forman os chamados sistemas de pigmentos. O grupo de investigación traballa para caracterizar as moléculas de clorofila e carotenoides que compoñen estes sistemas, relacionando a súa síntese e a súa interconversión con procesos que implican a acción da luz, tales como a fotocaptura, fotoprotección, fotoaclimatación ou fotoadaptación. Tamén estuda a distribución destes pigmentos en diferentes categorías taxonómicas de algas para os utilizar como biomarcadores no estudo de poboacións de organismos planctónicos en augas naturais.
No eido da toxicoloxía, leva a cabo estudos de episodios de toxicidade causados polo fitoplancto, que teñen importantes consecuencias para os sectores produtivos que dependen do mar e orixinan riscos para a saúde. Así, propón a caracterización e determinación de biotoxinas mariñas, relacionando a súa produción coa bioloxía das microalgas, estudando os principais síndromes (PSP, ASP e DSP) que afectan as rías galegas e explorando episodios de toxicidade problemáticos que teñen lugar noutras rexións, como por exemplo os producidos por brevetoxina, palitoxina, ostreocinas, ciguatoxinas, azaspiracidas, iminas cíclicas e toxinas emerxentes.
O grupo utiliza innovadoras metodoloxías de análise que, en moitos casos, conducen á detección de compostos con estruturas aínda non descritas. Ademais, conta cunha longa tradición na colaboración con outros grupos de investigación, formando parte da Unidade Asociada de Fitoplancto Tóxico xunto co Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), ofrecendo asesoramento científico e contribuíndo a bases de datos globais de algas tóxicas, tales como a Base de Datos de Episodios de Toxicidade de Algas (Harmful Algal Event Database, HAEDAT) ou o Listado taxonómico de referencia de microalgas tóxicas (Taxonomic Reference List of Harmful Micro Algae) da COI-UNESCO.
- TRANSFORMAR -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Ferramentas de transformación social para o desenvolvemento sostible de galicia</p>
Investigador/a Principal:PintadoValverdeJoséInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I con las CCAA del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia (NextGenerationEU).Financiamento para o IIM-CSIC:91058€Doao <p>OCEANOLOGÍA</p>
Investigador/a Principal:GonzálezCastroCarmenInstitución financiadora:Ayudas cofinanciadas con fondos de la Agencia Gallega de Innovación de la Xunta de GaliciaFinanciamento para o IIM-CSIC:233333€Doao
- Nogueira, E.; Bravo, I.; Montero, P.; Díaz-Tapia, P.; Calvo, S.; Ben-Gigirey, B.; Figueroa, R.I.; Garrido, J.L.; Ramilo, I.; Lluch, N.; Rossignoli, A.E.; Riobó, P.; Rodríguez, F. (2022) HABs in coastal upwelling systems: Insights from an exceptional red tide of the toxigenic dinoflagellate Alexandrium minutum Ecological Indicators DOI:10.1016/j.ecolind.2022.108790
- Sandoval-Sanhueza, A.; Aguilera-Belmonte, A.; Basti, L.; Figueroa, R.I.; Molinet, C.; Álvarez, G.; Oyanedel, S.; Riobó, P.; Mancilla-Gutiérrez, G.; Díaz, P.A. (2022) Interactive effects of temperature and salinity on the growth and cytotoxicity of the fish-killing microalgal species Heterosigma akashiwo and Pseudochattonella verruculosa Marine Pollution Bulletin DOI:10.1016/j.marpolbul.2021.113234
- Rodríguez-Villegas, C.; Díaz, P.A.; Riobó, P.; Rossignoli, A.E.; Rodríguez, F.; Loures, P.; Baldrich, Á.M.; Varela, D.; Sandoval-Sanhueza, A.; Figueroa, R.I. (2021) Latitudinal variation in the toxicity and sexual compatibility of alexandrium catenella strains from southern Chile Toxins DOI:10.3390/toxins13120900
- Froján, M.; Arbones, B.; Garrido, J.L.; Rodríguez, F. (2021) Microbial Community Composition during a Bloom of Purple Bacteria in Intertidal Sediments in Vigo (Northwest Spain) Microbiology Spectrum DOI:10.1128/Spectrum.01238-21
- Valentí Sallarès; Ángel F. González; David Casas; Esther Garcés; Xavier Garcia; Joaquim Garrabou; Adelina Geyer; Francisco Gómez-Figueiras; Eulàlia Gràcia; Jorge Guillén; Francisco Lobo; Jorge Macías; Joan Martí; Alejandro Orfila; Santiago Pascual; Gonzalo Simarro; Roger Urgelés; Belén Alonso; Elisa Berdalet; Gemma Ercilla; Ferran Estrada; Jesús Galindo; Emilio García-Ladona; José Luis Garrido; Marta Marcos; Cesar R. Ranero; Maria Pilar Riobo; Antonio Villaseñor (2021) Challenge 5: A SAFER OCEAN : TOWARDS MARINE HAZARD IMPACT MITIGATION " Ocean Science Challenges For 2030" Consejo Superior de Investigaciones Científicas
- TFM - Lourdes Barreira Crespo (26/09/2019) Variaciones en la composición pigmentaria de 3 especies del género Karenia como respuesta a cambias en la intensidad y la calidad de la luz UNIVERSIDAD DE CADIZ (UCA)
- TFM - Luis Paulo Alcaraz Rocha (18/07/2018) Efecto do incremento de CO2 atmosférico sobre a concentración e composición pigmentaria de synechococcus sp. procedente de dos habitats marinos diferentes Universidade de Vigo (UVIGO)
- PhD - ANTONIO GAVALAS OLEA (27/06/2018) Detection and characterization of photosynthetic pigments in marine phytoplankton UNIVERSIDAD DE VIGO
- PhD - Pablo César Salgado Garrido (19/01/2018) Estudio de dos especies de dinoflagelados marinos productores de Floraciones Algales Nocivas (FANs): Alexandrium ostenfeldii y Protoceratium reticulatum Universidade de Vigo (UVIGO)
- TFG - Luis Paulo Alcaraz Rocha (22/07/2016) Efecto del incremento de CO2 atmosférico sobre la concentración y composición pigmentaria de diferentes especies de fitoplancton marino UNIVERSIDAD DE VIGO
- Capacidades | Desenvolvemento de ferramentas de xestión e toma de decisións baseadas en modelaxe e simulación de escenariosProtección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura Pesquerías
Desenvolvemento de ferramentas específicas para espazos concretos que permitan a avaliación, xestión e toma de decisións baseada na modelaxe dos impactos de escenarios ambientais actuais e posibles escenarios futuros (contaminación, cambio climático, etc.) sobre as condicións oceanográficas, a distribución da biodiversidade, a resposta fisiolóxica ou o desempeño das pesquerías e a acuicultura.
- Capacidades | Predición e caracterización de proliferacións de algas nocivasProtección costeira e medioambiental Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas Acuicultura
Caracterización e modelaxe de proliferacións de algas e a súa interacción coas condicións oceanográficas e medioambientais para modelar e predicir episodios de proliferación.
- Capacidades | Caracterización de propiedades fotosintéticas e subprodutos do fitoplancto
Caracterización das propiedades fotosintéticas e dos subprodutos de diversas especies de fitoplancto en condicións de laboratorio, de cultivo industrial e naturais.
- Capacidades | Avaliación da biodiversidadeInstrumental e sensores mariños Protección costeira e medioambiental Ordenación do espazo marítimo Servizos ecosistémicos e gobernación de ecosistemas
Facer seguimento da distribución temporal e espacial das especies, a abundancia e a biomasa de diversos taxons mediante diversas técnicas como e-ADN, caracterización de pigmentos, citometría de fluxo, telemetría acústica, toma de imaxes mediante sistemas de observación remota (p. ex., drons, etc.) ou identificación taxonómica clásica.