Ofertas de traballo e estudo
Únete ao IIM-CSIC! Sexas estudantado de grao, profesional da investigación ou persoal técnico. Mira as convocatorias externas máis recentes, as pasadas e outras formas de te unires ao noso instituto.
En tanto que instituto público de investigación pertencente ao CSIC, o IIM ofrece moi boas condicións e beneficios para comezares, desenvolveres e impulsares a túa carreira; dependendo da convocatoria, atoparás postos en investigación, en xestión ou mesmo postos transversais estratéxicos, dende a comunicación á transferencia de coñecemento.
"A diversidade do Instituto de Investigacións Mariñas ofrece un ambiente enriquecedor que sen dúbida influíu sobre o meu enfoque investigador en todos estes anos."
- Profesora de investigación no IIM-CSIC
Para pasar a formar parte do IIM-CSIC ou a formarte connosco, podes seguir diferentes roteiros profesionais:
Para estudantado de grao, ciclos formativos ou mestrado, consulta as nosas convocatorias de prácticas, TFG e TFM. Podes atopar as últimas ofertas, presentes e pasadas, na pestana máis abaixo. Tamén podes consultar máis información aquí.
Para persoal técnico, titulado superior ou de investigación, tanto pre como posdoutural, consulta a pestana de Convocatorias Externas. Nela, atoparás as últimas 9 oportunidades para postos e convocatorias, tanto presentes como pasadas. Pode que algunhas destas oportunidades dependan de financiamento externo independiente do IIM. non dependen do Instituto. De necesitares información sobre oportunidades máis antigas, podes consultarnos en comunicaciones@iim.csic.es. Para poder postularte para algúns destes postos, terás que rexistrar o teu perfil na Bolsa de Traballo do CSIC.
Ademais, como institución pública, o CSIC abre periódicamente convocatorias para o acceso ao Consello como persoal funcionario. Podes consultalas todas na sede electrónica do CSIC.