Ciencias sociais aplicadas a recursos mariños e costeiros
As comunidades que conforman a sociedade humana non son alleas ao medio natural, de feito, as nosas percepcións e accións sobre o ecosistema inflúen profundamente nel. A socioloxía, a economía e a cultura axudan a comprender a orixe destas conexións profundas e inevitables entre ecoloxía e sociedade e a medir e modular o seu impacto.
O grupo de Ciencias Sociais aplicadas aos Recursos Mariños e Costeiros, tamén chamado MARSOCIAL, é o único grupo do IIM centrado nas ciencias sociais. O grupo compaxina os seus estudos de socioloxía, economía ou psicoloxía social coa investigación sobre recursos mariños e costeiros realizada no noso departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños. Deste xeito, conséguese ampliar o enfoque ecosistémico a unha perspectiva que inclúe tamén á sociedade humana.
Esta nova forma de explorar o ecosistema permite definir e avaliar os ecosistemas mariños para analizar posteriormente desde o punto de vista social mecanismos que favorezan a conservación, protección e rehabilitación destes ecosistemas, a protección do patrimonio natural e cultural, e o enfoque de estratexias máis realistas e fiables de mitigación e adaptación aos impactos derivados do cambio global
O traballo de MARSOCIAL céntrase en diversas cuestións fundamentais para a xestión dos recursos mariños con perspectiva social. Por unha banda, estúdase a relación da sociedade coa pescacomo sistemas socioecolóxicos, explorando a súa gobernanza, os sistemas de participación social que implantan e outros aspectos socioeconómicos e culturais da pesca, tanto comercial como recreativa. Cun enfoque máis amplo, tamén estudan a cadea de valor dos alimentos mariños, con liñas centradas na trazabilidade e no mercado alimentario. Afastándose un pouco dos recursos alimentarios, a investigación do grupo explora tamén a relación entre a sociedade e o medio ambiente a través da economía ambiental, realizando valoracións económicas dos recursos naturais e considerando, de forma transversal, o impacto do cambio climático. Finalmente, as enerxías renovables, especialmente a eólica mariña, tamén entran no seu campo de estudo, investigando a súa percepción social e o seu impacto nas comunidades costeiras.
Por último, ademais de desenvolver as súas propias liñas de investigación, o equipo MARSOCIAL está emerxendo como un grupo transdisciplinar, que busca activamente a colaboración con outros equipos de investigación, tanto do IIM como doutros centros de investigación mariña e costeira.< /p>
- SERECO -
<p>Programa Ciencias Mariñas: Valoración económica de servicios ecosistémicos</p>
Investigador/a Principal:SoliñoMillánMarioInstitución financiadora:El Programa de Ciencias Mariñas de Galicia es 1 de los 5 programas de Ciencias Marinas de los Planes Complementarios de I+D+I con las CCAA del Plan de Recuperación Transformación y Resilencia (NextGenerationEU).Financiamento para o IIM-CSIC:44965€Doao
- Soliño, M.; Raposo, R. (2022) Contributing to healthy forests: Social preferences for pest and disease mitigation programs in Spain Forest Policy and Economics DOI:10.1016/j.forpol.2022.102754
- Valenciano-Salazar, J.A.; André, F.J.; Soliño, M. (2021) Paying for sustainable coffee in a developing country: Consumers’ profile in Costa Rica RSC Sustainability DOI:10.3390/su13169360