ASEQURA | Biofilms de 'Listeria monocytogenes' na industria alimentaria
Seminario virtual cos avances do proxecto ASEQURA o 16 de abril de 2024.
(Unha vez rexistrado mandarase o enlace a reunión)
O vindeiro 16 de abril de 2024, celebrarase un seminario virtual titulado "Biofilms de Listeria monocytogenes: relevancia na industria alimentaria e implicación na avaliación de riscos".
Este seminario é parte do proxecto de investigación ASEQURA, que ten como obxectivo realizar unha avaliación cuantitativa de risco microbiolóxico (MRCA) de Listeria monocytogenes en produtos pesqueiros e derivados cárnicos, prestando especial atención á formación de biopelículas e contaminación cruzada como fonte de contaminación nas cadeas de procesamento.
O evento é gratuíto, terá unha duración de 90 minutos e será impartido polos principais investigadores do proxecto, Elena Carrasco Jiménez e Antonio Valero Díaz da Universidade de Córdoba (UCO), así como Marta López Cabo e Juan José Rodríguez Herrera do grupo MicroTec do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC