Accede á transmisión

PROGRAMA DO EVENTO

O vindeiro 4 de xuño de 2024 celebrarase unha xornada técnica titulada "Listeria monocytogenes: un reto para a seguridade alimentaria". Este evento enmárcase dentro do proxecto de investigación ASEQURA, cuxo obxectivo é realizar unha avaliación cuantitativa do risco microbiolóxico (MRCA) de Listeria monocytogenes en produtos pesqueiros e derivados cárnicos, prestando especial atención á formación de biopelículas e á contaminación cruzada nas cadeas de procesamento. O proxecto está financiado pola convocatoria de 2019 do Programa Estatal de I+D+i Orientado aos Retos da Sociedade da Axencia Estatal de Investigación (AEI).

A xornada terá lugar en formato presencial no Salón de Actos Ernest Lluch do Ministerio de Sanidade/Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 en Madrid. A inscrición está xa pechada e as prazas presenciais completas, pero tamén poderá seguirse en streaming a través de YouTube.

O proxecto está coordinado por, Elena Carrasco Jiménez e Antonio Valero Díaz da  Universidade de Córdoba (UCO), coa colaboración de Marta López Cabo e Juan José Rodríguez Herrera do grupo MicroTec do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC.

O evento está dirixido a diferentes axentes interesados, incluíndo inspectores de sanidade das distintas comunidades autónomas, empresas do sector, académicos e outros profesionais relacionados coa seguridade alimentaria. A xornada busca transmitir os principais resultados do proxecto ASEQURA e fomentar un espazo de diálogo e discusión construtiva para avanzar no control de Listeria monocytogenes na cadea de valor alimentaria.

Ademais, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) participa como entidade coorganizadora do evento, grazas á colaboración da Área de Avaliación de Riscos, a Secretaría do Comité Científico e o Centro Nacional de Alimentos (CNA).

ACCEDE Á PÁXINA DO PROXECTO


Programa 1

More